Na Pobra eliminado un punto de vertido no lugar do Conchido

08 Novembro 2020

A Xunta vén de eliminar un punto de vertido de augas residuais no lugar do Conchido, no concello da Pobra do Caramiñal.
Os técnicos do Plan de Control de Vertidos de Augas de Galicia localizaron nunha inspección o foco contaminante que se producía como consecuencia das fisuras nun colector paralelo a un curso de augas naturais, na desembocadura deste na ría de Arousa.
A Xunta notificou esta problemática ao Executivo local para que se adoptasen as medidas correctoras oportunas.
O Concello procedeu, a través da empresa concesionaria do servizo de saneamento, ao selado da fisura, cesando deste xeito as emisións contaminantes ao dominio público.
Os inspectores do organismo hidráulico autonómico comprobaron nunha recente inspección a ausencia de vertidos nesta contorna tras a posta en marcha das medidas correspondentes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...