“Liberdade de expresión”. José Manuel Pena

27 Novembro 2020

Hai persoas e organizacións que non teñen ningún tipo de sensibilidade, empatía nin consideración cara aos profesionais que exercen as súas actividades laborais coa mellor vontade. Sucede que unha responsable da Coordinadora da Rede de Normalización Lingüística de Galicia foi entrevistada por un diario en relación á lingua galega e nun momento do encontro xornalístico sinala que “actualmente, ningunha persoa culta debería atreverse a falar en público en castelán, porque sería ir contra nós mesmos e contra o noso …”.

Simplemente por estas declaracións, nin máis nin menos, alguén aproveita a situación para xerar polémica e alimentar a guerra política sobre o idioma, pedindo incluso o cesamento desa persoa polas declaracións vertidas ao amparo da liberdade de expresión, á que todos os españois temos dereito, aínda que non coincidan coas formulacións de certos colectivos ou entidades que defenden, de maneira indirecta, a ideoloxía de determinadas formacións políticas.

España, a bandeira, o castelán e os seus símbolos institucionais, dos que tanto se falan como “arma política”, son de todos os españois, pensen como pensen ou profesen a ideoloxía que consideren. O mesmo sucede co galego, o vasco ou o catalán, que son linguas oficiais, igual que o castelán, dentro dos territorios autonómicos e que desde as súas institucións teñen o dereito e a obrigación de manter vivos e divulgar o seu coñecemento, como tamén se establece na propia Constitución española e nos propios Estatutos de Autonomía.

Outros artigos

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...

+

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

Tiven a honra de presentar o acto que en Cospeito se celebrou arredor de  “Caldaloba”, drama histórico en verso do poeta e profesor Xosé Otero Canto.        Foi, á vez, un placer inmenso estar en Cospeito, rodeado de amigos que saben,  eu que só poido intuir e sentir...

+

“Ofrenda” – Xulio Xiz

Celebrouse unha nova Ofrenda solemne do Antigo Reino de Galicia a Xesús Sacramentado na Catedral de Lugo. Cumpríronse 357 anos da súa institución, e cada ano as sete cidades do antigo Reino, seguen a xuntarse en Lugo – corazón do país – para honrar ao Santísimo e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O carballo de Buchenwald”. José Antonio López Silva

“O carballo de Buchenwald”. José Antonio López Silva

Cada xuño, o mesmo titular: o alumno brillante que, podendo escoller calquera cousa, "malgasta" a súa nota nunha carreira de letras. Esta semana houbo dous —Juan Mosquera, un 13,64 sobre 14, marcha a Filoloxía Galega; Sabela Martínez vai a Harvard a doutorarse en...