“Galicia segue con interese as negociacións do Brexit”. Antón Luaces

26 Novembro 2020

España e Francia disque teñen moitas posibilidades de sentar as bases dun acordo polo que as súas respectivas frotas pesqueiras poderán acceder ás augas británicas unha vez se sustancie o polémico Brexit . Este acordo implicaría que a Zona Económica Exclusiva do Reino Unido será unha nova realidade após 40 anos de permanencia británica no seo da Unión Europea, un feito que obrigaba ata o de agora ós británicos a respectar toda canta normativa establecía a Comunidade Europea en, por  exemplo, os asuntos pesqueiros contemplados na Política Pesqueira Común (PPC) e que, a partir do mes de xaneiro de 2021, non obrigará para nada ó Executivo británico, que establecerá a súa propia normativa e que lle vai permitir negociar acordos pesqueiros con países que compartan cuestións de mutuo interese,
.
O Goberno británico xa puxo a primeira pedra dunha Lei de Pesca pola que o vindeiro 31 de decembro de 2020 poderá entrar en vigor a lexislación propia que lle outorga o dereito a poñer remate ó dereito automático das frotas comunitarias a pescar en augas británicas.
A propia Xefa de Estado, a raíña Isabel II, outorgou xa a súa “bendición” á devandita lei dempois dun longo perìodo de dez meses de tramitación que concede ao Executivo capacidade para expedir as súas propias licenzas pesqueiras, así como desenvolver políticas independentes nese ámbito. 
O Goberno británico tramita a contrarreloxio múltiples directivas que han estar listas antes de que remate o período de transición de brexit , para reclamar os poderes que dende van catro décadas dependían da lexislacióncomunitaria. Deste xeito, o Reino Unido ten nas súas mans a negociación do futuro acceso ás súas augas coa UE, un dos aspectos que bloqueou nos últimos meses un acordo sobre a futura relación entre o Goberno inglés e os 27 países comunitarios.
Por parte de Bruxelas existe interese en manter un acceso permanente ás augas británicas e estipular un sistema de cotas a longo prazo. Londres, pola súa parte, esixe negociar anualmente os acordos. A negociación coa Comunidade Europea ten unha especial relevancia política no Reino Unido, malia que a pesca representa tan só un 0,1% da economía británica.  Moita máis importancia ten para España a continuidade do status vixente, cuestión que afecta sensiblemente a Galicia.
A decisión do Goberno británico non sorprendeu a ninguén, malia a convicción de que, en canto o Reino Unido se convirta nun país terceiro, obrigaría ós ingleses a pagar aranceis para exportar os seus produtos a territorio comunitario (no caso de que non se producira antes un acordo). De non chegar este, é evidente que tampouco haberá acceso ás augas británicas dos barcos comunitarios. O Reino Unido, mediante a súa nova Lei de Pesca, pode poñer en plena vixencia o dereito marítimo internacional que lle permite utilizar as 200 millas de augas da Zona Económica Exclusiva (ZEE) , pola que pode actuar como un Estado costeiro, cuestión que semella ser un obxectivo fundamental para o primeiro ministro británico Boris Johson .
Neste momento, o Reino Unido ten asinado o seu primeiro acordo pesqueiro en cen anos con Noruega, un paìs membro do Espazo Económico Europeo. Este acordo vai entrar en vigor o 1 de xaneiro próximo.

Outros artigos

“Fallos de bondade”. José A. López Silva

En maio de 2013, a Universidade de Syracuse, no estado de Nova York, encargoulle pronunciar o discurso para os seus graduados a un dos profesores do claustro, o escritor George Saunders, que catro anos despois gañaría o Booker británico con Lincoln en el Bardo, unha...

+

“As novas camadas petan forte na porta” – Antón Luaces

Hai quen exerce de informador e percorre España cunha buguina nunha man e un teléfono móbil na outra nunha especie de pre-aviso de que alí, no lugar, vai pasar algo importante. Por exemplo, un discurso ou debate político que "poña orde" na polarización desenfrenada...

+

“Recordar o 93 e seguir o Camiño”. Luís Celeiro

En Mérida, onde a finais do século sexto xa había un xenodochium, un albergue de acollida easistencia para as multitudes que visitaban a tumba de Santa Olalla. Os historiadores e entendidosdin que foi o primeiro refuxio para peregrinos documentado en Hispania. E alí,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“España, triste y conmocionada”. José Castro López

“España, triste y conmocionada”. José Castro López

Una encuesta reciente de IMOP-Insights pregunta por el estado de ánimo ciudadano yrevela que la tristeza es la emoción predominante entre los españoles ante una situaciónpolítica convulsa. “Una España entristecida, desengañada y hastiada de sus dirigentespolíticos”,...

“Servizos públicos de calidade” – José Manuel Pena

“Servizos públicos de calidade” – José Manuel Pena

Unha gran parte de cidadáns, responsables e comprometidos, déronse conta de que se está privatizando a sanidade, a educación ou a dependencia, piares fundamentais de calquera país moderno e democrático. A usura e a corrupción de moitos gobernantes poñen de manifesto...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.