Fíxoo, porque ninguén lle dixo que era imposible. Manuel Dominguez III

17 Novembro 2020

Un novo estudante chegou tarde a clase, tentando non facer ruído e pasar desapercibido sentou en silencio, viu na lousa dous problemas sin resolver, pensando que serían os exercicios da semana cópiounos, e gardounos para facelo en casa.
Ao chegar tarde non escoitou que o profesor dixera que eses problemas estaban sen resolver e ningún matemático do mundo tiña resposta.
Este novo estudante ás dúas semanas entrega o seu caderno ao profesor, que lle di que xa os mirará.
Oh sorpresa! Que o profesor atopa a solución a aquilo que o mesmo non sabía, xunto co decano e outras autoridades, chaman ao novo estudante, este acode á cita un pouco asustado e máis cando se atopa co decano e un grupo de profesores, felicítanlle, asédianlle a preguntas, como o novo estudante resolveu os problemas.
Resolveunos por chegar tarde a clase, se fose puntual escoitaría dicir ao profesor estes dous problemas non teñen solución, e se o profesor di non ten solución, arquívase o tema e a outra cousa.
Pero George Dontzig, resolveu o problema porque ninguén lle dixera isto é imposible.
George Bernard Dantzig foi un profesor, físico e matemático estadounidense, recoñecido por desenvolver o método simplex e é considerado como o «pai da programación lineal». Recibiu moitas honras, tales como a Medalla Nacional de Ciencia en 1975 e o premio de Teoría John von Neumann en 1974.
Na vida nós non resolvemos problemas, porque veciños esdrúxulos dinnos isto é imposible, non o fagas, ti só non podes etc.
Se nos desprendésemos deses amigos pesados como frías laxas de mármore de cemiterio.
Que cando calor canto calor fai, cando chove como chove; coma se ti non o soubeses, que malo é o mundo, sempre noticias tráxicas, coma se na vida non existise a primavera.
Os nenos son xenios, imaxinativos, ata que se lle di iso non se fai, iso non se toca, iso non se di, se lles castra.
Daquela as amizades acomodaticias, con medo ao cambio dinche, xa farán outros, non destaques, en grupo como todos. Laxas de sepulcro!
O mozo Dantzig, resolveu o problema por non escoitar ao profesor dicir isto é imposible.

Outros artigos

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

+

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.