En Ribeira positivos os tripulantes de dous pesqueiros e dunha floristería do centro

07 Novembro 2020

Tal como adiantamos en O Barbanza os tripulantes de dous cerqueiros con base no porto de Ribeira están en corentena despois de dous casos positivos de covid-19 entre os mariñeiros de cada barco. Todos se someteron ás probas PCR e están á espera dos resultados.

Os cerqueiros en cuestión procedían de Ondarooa e faenaban no País Vasco desde onde regresaron á comarca hai uns días para descansar.

Ao detectarse algúns síntomas compatibles co coronavirus nalgún deles, decidiuse que se illasen todos e se sometesen á PCR. Os primeiros resultados deron varios positivos, aínda que é moi probable que haxa máis afectados. Son ao redor de 25 os mariñeiros que están confinados nos seus domicilios.

Tamén a aparición dun positivo nunha floristería no centro de Ribeira obrigou a facer probas a todolos traballadores que deron positivo.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...