Convocada en Noia unha xuntanza informativa para clarificar dúbidas sobre as axudas provinciais

09 Novembro 2020

O Concello de Noia vai convocar unha xuntanza esta semana para clarificar dúbidas arredor das axudas para a reactivación económica a través do programa PEL-Reactiva da Deputación da Coruña, uns apoios para que comercios, pequenas empresas e negocios de hostalería poidan coller folgos para saír da crise provocada pola COVID. A reunión informativa será este 12 de novembro ás 20.30 horas no Coliseo Noela, e vai especialmente dirixida a persoas autónomas e microempresas.

Por cuestións de seguridade e limitación de aforo, o Concello prega que as persoas interesadas se inscriban antes chamando ao teléfono 981 377 708 (entre as 9.00 horas e as 14.00).

O Goberno noiés tamén recorda, respecto das ditas axudas, que poderán ser solicitadas até o día 25 de novembro ás 14.00 horas na sede electrónica do Concello, dispoñíbel en noia.sedelectronica.gal. As peticións presentaranse, polo tanto, por vía telemática.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.