Condenado a 3 anos e medio de cárcere por abusos sexuais dunha amiga da súa filla e á nai desta, en Ribeira

27 Novembro 2020

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago, condenou a tres anos e cinco meses de cárcere a un acusado de abusar sexualmente no termo municipal de Ribeira dunha amiga da súa filla, de forma continuada, e da nai da menor, nunha ocasión. O tribunal destaca que a proba analizada “pon de manifesto que os feitos denunciado pola vítima e a súa nai son certos”. Así, indica que o testemuño das afectadas é “coherente e persistente” e que, ademais, está corroborado “polas declaracións das testemuñas e polo informe pericial, que demostran que os feitos ocorreron no modo descrito polas prexudicadas”.
Os xuíces consideran acreditado que o condenado “de forma reiterada, aproveitaba os momentos en que podía estar a soas coa amiga da súa filla para tocala con ánimo de atentar contra a súa liberdade sexual”. A Sala tivo en conta a atenuante de dilacións indebidas “debido ás paralizacións habidas na fase de instrución”.

8

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...