Comezan as celebracións do 25-N en Ribeira

24 Novembro 2020
Presentación das actividades conmemorativas do 25-N en Ribeira

O Concello de Ribeira porá en marcha unha serie de actos conmemorativos do Día Internacional contra a Violencia de Xénero. O calendario de actividades foi modificado nos últimos días debido ás novas limitacións pola COVID-19.

A celebración do 25N comezará o mércores 25 ás 10 horas, da man dun obradoiro a pé da rúa denominado Fagámolas visibles, e que terá lugar na Praza do Concello. De seguido, a partir das 13 horas, será o momento da lectura dun manifesto institucional, para despois proceder a gardar un minuto de silencio en honra ás vítimas por violencia de xénero.

Doutra banda, o espectáculo Arrieiras. O Camiño dos Contos, que estaba planificado para o pasado 19 de novembro no Auditorio, pasará a emitirse o 25 de novembro ás 10:30 horas, vía streaming no CEP de Artes e de Carreira.

Finalmente, a entrega de premios do Concurso de Poesía Urbana prevista para o 26 de novembro no Auditorio, queda cancelada debido á situación actual do municipio por mor da pandemia.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...