A Consellería de Sanidade informou que o cribado desenvolvido desde o pasado xoves até o domingo 15 polo persoal de enfermaría do servizo de preventiva do hospital da barbanza detectou un total de 5 casos positivos entre todas as persoas asintomáticas citadas.
Dito cribado contou cunha asistencia do 64,77% dos citados. Acudiron 3.239 dos 5.001 convocados, persoas de entre 40 e 50 anos.
María Xesús Blanco presenta este xoves en Ribeira o seu libro «Folerpas no mar»
O acto, coorganizado pola Asociación Cultural Barbantia, Editorial Galaxia e o Ateneo Valle-Inclán, terá lugar a partir das 20:00 horas na sede da entidade cultural. O Ateneo Valle-Inclán de Ribeira acollerá este xoves, 15 de outubro, a presentación oficial da obra...



