CD Leganés FS – Noia Portus Apostoli FS: a seguir coa boa dinámica

20 Novembro 2020

Imaxe cedida polo Noia Portus Apostoli

O conxunto noiés visitará mañá, sábado 21, ao CD Leganés para disputar a quinta xornada da Segunda División subgrupo B. O cadro de Marlon Velasco tentará seguir coa boa dinámica deste inicio de competición, no que só coñece a vitoria. En fronte terá a un equipo madrileño que tan só disputou un encontro de liga, do que saíu derrota 3-1 contra o Móstoles.

O Noia FS agarda unha cita moi complicada, xa que o Leganés fará o seu debut como local na Segunda División. A principal ameaza do cadro “pepinero” é o atrevemento e descaro dun grupo de xogadores cunha media de idade menor á maioría da categoría.

O partido suporá o reencontro de Rivera co seu ex equipo, co que logrou o ascenso a Segunda a tempada pasada. Marlos Velasco quixo calmar o ánimos da vila noiesa, ao admitir que “non nos marcamos o obxectivo de ser primeiros nesta fase, temos claro o que somos”.

O encontro entre o CD Leganés FS e o Noia Portus Apostoli comezará a partir das 20:00 horas do sábado 21, e terá lugar no Pavillón Europa. Dada a situación actual que existe na Comunidade de Madrid, o partido será disputado a porta pechada.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...