Boiro oferta tres prazas de Policía Local

16 Novembro 2020

O Concello de Boiro anuncia este luns 16 de novembro a convocatoria de tres prazas de Policía Local. A modalidade en cuestión é a de funcionario/a de carreira, correspondentes á Oferta de Emprego Público do Concello de Boiro do ano 2019. Salientar que o prazo de presentación de solicitudes abrirá o día seguinte despois da publicación no BOE e por un período de 20 días hábiles.

Cales son os requisitos para solicitar estas prazas? Pois ter a nacionalidade española, ter feitos os dezaoito anos, posuír unha estatura mínima, ademais de contar coa titulación de bacharel técnico e os permisos de conducir das clases A2 e B. Asemade, os e as aspirantes non deben ter sido condenado/as nin separado/as mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, deberán achegar un compromiso escrito de portar armas durante o servizo e posuír a capacidade funcional precisa para o desempeño das funcións propias dos corpos da Policía Local.

Engadir que o modelo de solicitude e as bases están a disposición das persoas interesadas na web municipal e na portaría da Casa Consistorial de Boiro. Por último, informar que a documentación requirida debe presentarse nun período de 20 días hábiles a través da sede electrónica do Concello de Boiro ou do rexistro xeral, aberto de luns a venres en horario de 9 a 13.30 horas.

Outros artigos

O Ciclo Mestre Mateo leva Sirāt a Boiro, este domingo no Centro Social

Proseguen en Boiro as proxeccións do Ciclo de Cine Mestre Mateo. Este domingo 25 chegará unha nova cita co mellor cinema galego da man do director Oliver Laxe e o seu último filme Sirāt. Será ás 19.00 horas no Centro Social de Boiro. Sirāt é un filme dramático e de...

+

En Boiro, aprobados os 954.642 euros do POS+ adicional da Deputación

A Corporación do Concello de Boiro celebrou este xoves 22 de outubro o seu novo pleno ordinario, unha sesión que se puido verse novamente a través da canle municipal de Youtube e que saldou, entre outros, coa aprobación definitiva do POS+ adicional da Deputación da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.