Axudas da Deputación para apoiar o sector primario da provincia

04 Novembro 2020

A área de Promoción Económica da Deputación da Coruña destina este ano máis de 1 millón de euros  en axudas para apoiar o sector primario da provincia coruñesa.

Parte destas axudas publícanse hoxe no BOP, que supoñen o apoio a 31 entidades agrarias e labregas para a adquisición de equipamento e mellora de infraestruturas e a 30 confrarías de pescadores e agrupacións marisqueiras para a contratación de persoal e a modernización dos seus procesos de produción e comercialización.

O ente provincial publica hoxe, 4 de novembro, no Boletín Oficial da Provincia (BOP) a concesión provisional das axudas ao sector da agricultura, no que investirá 114.740,80 euros. As subvencións, que beneficiarán a un total de 31 entidades agrarias e labregas, están orientadas ao fomento do sector primario e permitirán adquirir equipamento e mellorar infraestruturas, “impulsando a actividade dun sector chave como é o agrario ou o lácteo na economía coruñesa”, afirmou o presidente da Deputación, Valentín González Formoso. As axudas oscilan entre un mínimo de 1.400 euros e un máximo de 7.400 euros.

Tamén se publica hoxe no BOP a concesión definitiva das subvencións para apoiar a 30 confrarías de pescadores e agrupacións de mariscadoras e mariscadores da provincia na contratación de persoal e na modernización dos seus procesos de produción e comercialización, para o que investirá un total de 445.996,40 euros.

González Formoso destacou que as axudas permitirán “apoiar a un sector de grande importancia social e económica na provincia e en toda Galicia”, destacando tamén que unha parte destes fondos contribúen a manter e crear emprego no sector pesqueiro e marisqueiro coruñés.

Contratación e mantemento de persoal, mellora da produción e da comercialización de produtos, servizos de vixiancia, gardapesca e control, adquisición de sementes de moluscos ou o impulso da pesca costeira artesanal e do marisqueo a flote, son algunhas das accións nas que se investirá a través desta liña de subvencións.  As axudas oscilan entre os 3.703 euros e os 18.000 euros.

Da comarca recibirán axuda:

Beneficiario: COMUNIDAD VECINAL MONTES EN MANO COMUN PARROQ.ARTES RIVEIRA Obxecto: ENSANCHAMENTO DE PISTA DO MONTIÑO A SEGO E CONSTRUCCION MURO 3.120,00 € 

Beneficiario: COMUN.MTE.VV.M.C.BARBANZA ENXA XIAN DORDO COSTA D ABAIXO SOBRADO Obxecto: DINAMIZACIÓN DAS SALAS DO CENTRO DE INTERPRETACIÓN DOS APROVEITAMENTOS FORESTAIS NA COMUNIDADE DE BAROÑA

Beneficiario: COFRADIA DE PESCADORES DE CARREIRA Y AGUIÑO Obxecto: ADQUISICIÓN DE SEMENTE DE MOLUSCOS11.200,00 €
Beneficiario: COFRADIA DE PESCADORES DE MUROS Obxecto: GASTOS DO PERSOAL DA ACTIVIDADE DE CONSULTA E COLABORACIÓN COA ADMINISTRACIÓN E ASESORAMENTO DOS MEMBROS 17.000,00 €

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Barbacid, un científico pidiendo” – José Castro López

“Barbacid, un científico pidiendo” – José Castro López

El cáncer de páncreas es una de las enfermedades más letales de su género y avanzar en su curación no es solo un éxito científico, es una esperanza tangible para miles de personas. Por eso, la investigación biomédica no es un lujo ni un capricho, es una inversión...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.