As entidade deportivas e o Concello de Rianxo fan fronte común contra as agresións machistas

25 Novembro 2020

As entidades deportivas e institucionais do concello Rianxo veñen de xuntar forzas, novamente, para mostrar o seu total rexeitamento á violencia contra as mulleres en calquera das súas manifestacións, nesta data sinalada do 25 de novembro.

Así, malia que este ano non foi posíbel realizar, como viña sendo habitual, unha acción colectiva e multitudinaria en contra desta lacra (por exemplo a andaina colectiva e os adestramentos previos), as entidades quixeron deixar claro que a loita segue, e ademais con folgos renovados dado o incremento de casos de agresións que se constatou co inicio das restricións motivadas pola pandemia. Os clubs e asociacións tamén mostraron a súa esperanza en poder contar, para o ano vindeiro, coa seguridade sanitaria requirida que permita a celebración da tradicional andaina en contra da violencia.

Estas son as entidades participantes:

Club Baloncesto Rianxo – CBRianxo, Club Remo Rianxo, Club Piragüismo Rianxo-Rianxo, Club Voleibol Rianxo, CCD Taragoña Fútbol, C.D. Unión de Asados, S.D ARAÑO, Castro Barbudo Peña Cicloturista, Club Náutico de Rianxo, Escuderia Rallyactividad, Club Xadrez Rianxo, Barbanza ” Clinica Mares” R.C., Artes Marciales Mixtas Rianxo Mma, Motoclub Jas A Tope, Tríatlon Rianxo e Piscina Municipal de Rianxo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Viaxar co IMSERSO” – Xulio Xiz

“Viaxar co IMSERSO” – Xulio Xiz

Un amigo asombrouse de que eu viaxase co IMSERSO, por terlle quedado ao sistema a sona de que os participantes son vellos e fan cousas que se supoñen son ou foron de vellos, entrelas os bailes, xogos de cartas, karaokes, e monótonas tardes vendo pasar a vida por...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.