Arrincou o acondicionamento da canle do río Listres na súa desembocadura

18 Novembro 2020

O Concello de Ribeira informou do inicio das obras de acondicionamento da canle na desembocadura do río Listres, que delimita a separación das parroquias de Aguiño e Castiñeiras, así como o cambio de emprazamento da pasarela de madeira situada na contorna.

O Concello lembra que os traballos responden á solicitude feita no seu día á Demarcación de Costas do Estado para que autorizase a retirada da cerca de madeira da dita canle, de tal xeito que o caudal do Listres desembocase no mar polo seu curso natural: unha autorización que foi concedida polo ente estatal, indicando ademais a necesidade de desprazar a pasarela e a ponte de madeira augas arriba.

A tal efecto, os servizos técnicos municipais redactaron o pertinente proxecto, que inclúe a desmontaxe da cerca de madeira e o acondicionamento da canle, así como a construción dunha nova pasarela de 131 metros xunto cun paso peonil de 12 metros e o traslado das luminarias da vella a nova estrutura.

A obra están sendo executada por Tarrío y Suarez, S.L. O seu orzamento ascende a 36.465 euros e o prazo de execución é dun mes e medio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.