Adxudicadas as obras de pavimentado das rúas Fontenova e Alto do Rial en Castiñeiras

10 Novembro 2020

O Concello de Ribeira informa da adxudicación con carácter provisional das obras de pavimentado das rúas Fontenova e Alto do Rial situadas no núcleo de Castiñeiras. Os traballos teñen como finalidade emendar os problemas que está a xerar o firme actual, composto de lousas de pedra e lastras (adoquíns), e que, segundo confirmou o Goberno local, atópase nun estado deteriorado e ocasiona reiteradas obras de reparación por parte da brigada municipal de obras, razón pola cal se vai estender unha nova pavimentación.

A tal efecto, o pavimento actual será demolido, con aproveitamento das lousas de pedra en bo estado (que servirán para formar a nova pavimentación) e dos bloques de lastras existentes, que serán trasladados ao almacén municipal. A superficie será cuberta cunha capa de formigón de 15 milímetros de espesor na que se intercalarán franxas de lousas de granito de dimensións 60x40x8 centímetros.

A empresa que obtivo a clasificación máis alta entre as 25 ofertas presentadas resultou ser Excavaciones Nima, S.L., conforme a unha oferta de 30.844 euros, IVE incluído. O investimento forma parte do Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) POS+ 2019 da Deputación. O prazo de execución son tres meses.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.