A Marea Cidadá de Noia critica o gasto na decoración de Nadal por parte do Concello

12 Novembro 2020

A colocación da iluminación de Nadal por parte do Concello noiés non está a ser ben vista dende a sede da Marea Cidadá. O partido local manifestou que “non rexeita”, pero si critica a antelación coa que se instalaron os adobíos. Dende a Marea aseguran que “a súa colocación a comezos de novembro é algo excesivo”, tendo en conta a situación actual por mor da pandemia.

A principal causa pola que a Marea Cidadá de Noia rexeita o plan do Concello é “o escaso rendemento que tería para a economía e comercios da zona”, xa que afirman que “moitos negocios da vila non poderán abrir ou quedarán fechados a causa da COVID-19”. Dada a situación actual dos negocios locais, e a falta de recursos para a súa supervivencia, dende a Marea rexeitan a iluminación do Nadal como “solución para os comercios” e reclaman “pór en funcionamento sistemas de axudas públicas, bonos para o comercio local, ou promover a compra en liña nos negocios da zona”.

Por último, a Marea Cidadá considera que “os elementos decorativos instalados son excesivos” e insta “á compra do material de iluminación de Nadal en vez de telo alugado”.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.