A AGG reivindica en Rianxo a nosa cultura musical dende unha óptica de xénero

20 Novembro 2020

A Asociación de Gaiteiras Galegas organiza este domingo 22 de novembro o encontro Tradición en feminino, no Pazo de Rianxiño. Será, en palabras do dito colectivo, “unha xornada lúdica onde compartir experiencias conversando con Maruxa dos Rosales, aprender como se fai unha recolla a través dun obradoiro práctico con Xulia Feixoo e afondar na tradición dende unha perspectiva de xénero da man de Mercedes Peón”. O programa de actividades arrincará ás 10.45, coa sesión oficial de apertura, e incluirá, entre outras cousas, un coloquio no que intervirán Xulia Feixoo, Mercedes Peón, Noemi Basanta Llanes e Marina Vigo.

Con este encontro, levado a cabo ao abeiro das axudas para actividades culturais da Cultura da Deputación da Coruña e coa participación do Concello de Rianxo, a asociación quere reivindicar “o enorme e imprescindíbel papel que tivo e ten a muller para a preservación e transmisión da nosa riqueza cultural”.

Por motivos de seguridade, o aforamento será limitado e será precisa a inscrición previa a través dos teléfonos 986 84 70 74 – 982 22 99 66. Quen desexe máis información, pode obtela tamén a través da web da AGG.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.