15 novos falecidos por Covid en Galicia, dous no CHUS. Os centros de saúde da comarca contan xa con test de antíxenos

23 Novembro 2020


Sanidade notificou este luns outras 15 persoas falecidas pola covid-19 en Galicia, o que eleva a cifra total de vítimas galegas desde o inicio da pandemia a 1.161. Do total, sete están vinculadas a centros residenciais.

O Complexo Hospitalario de Santiago rexistrou dúas mortes, a dun home de 80 anos e a dunha muller de 88.

Segundo precisou Sanidade, a cifra correspóndese con persoas falecidas non só na última xornada, se non á actualización de datos da fin de semana, tras determinar que morreran con covid-19.

Centro Saúde Ribeira

Por outra banda os centros de saúde da área sanitaria de Santiago – Barbanza empezan a dispor de test de antíxenos para a detección de Covid-19 nos doentes que manifesten síntomas compatibles con esta patoloxía con 5 ou menos días de evolución. Paulatinamente, nos vindeiros dias en máis de 50 puntos de atención primaria da área de Santiago iniciarase o seu uso por parte do persoal de enfermería e baixo prescrición facultativa, implantándose o seu uso rutineiro na vindeira semana.
Desde o pasado mes de outubro o Centro de Saúde de Ribeira iniciou a pilotaxe para a utilización desta proba en atención primaria con resultados moi satisfactorios, ao tempo que tamén a realizaban nos servizos de urxencias do Hospital Clínico e no da Barbanza. Hoxe realizaron os primeiros test no centro de Saúde de A Estrada e desde mañá no centro de saúde e consultorios do concello Muros.
Este tipo de test consiste nunha técnica que se realiza no mesmo punto da atención sanitaria e, trala toma da mostra. cun procedemento sinxelo proporciona un diagnóstico fiable nuns 15 ou 20 minutos. Preséntase en pequenos kits que conteñen todo o material necesario para facer as determinacións individualmente.

Ata o de agora levanse realizado 1.615 test de antíxenos na área sanitaria compostelá.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.