Teatro Ghazafelhos propón en Rianxo unha viaxe pola historia das civilizacións

07 Outubro 2020

Este xoves 8 de outubro temos unha oportunidade de viaxar pola historia dende unha óptica divertida e creativa, da man da compañía Teatro Ghazafelhos, que ofrece en Rianxo, no Auditorio, o seu espectáculo A Máquina do Tempo. A cita é ás 18.00 horas e, debido á situación actual, vén con prazas limitadas (que deberán reservarse a través da conta biblioteca@concelloderianxo.gal ou no teléfono 667 185 581). Trátase dun espectáculo familiar, especialmente dirixido para crianzas de máis de 5 anos. A duración é de practicamente unha hora.

O argumento xira arredor dunha doutora (a doutora Mon) e o seu axudante (Pe), que tirando proveito do seu talento creativo dan creado unha máquina para viaxar no tempo, que lles servirá para mostrar a historia das civilizacións. Farano mandando a Pe e a algún voluntario ou voluntaria a distintas épocas da nosa historia. O espectáculo é unha peza de teatro que ilustra dun xeito ameno e pedagóxico os tempos que deixamos atrás e que nos levaron, con gran esforzo, xusto a onde estamos agora. O elenco está formado por Montse Piñón e Pepablo Patinho, que é o guionista e o director da obra.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.