SEA contrata a limpeza e roza do Parque Empresarial de Muros

28 Outubro 2020

A entidade SEA, Solo Empresarial do Atlántico, contratou a limpeza e roza do Parque Empresarial de Muros por 4.261 euros. Os traballos, contratados á sociedade Leboreiro SL, iniciaranse nos vindeiros días, abranguendo tarefas de acondicionamento nas parcelas que non están vendidas no devandito complexo empresarial muradán, que conta cunha superficie bruta de 196.207 m2 e neta de 92.124 m2.

A empresa finalmente elixida terá que desprazar a maquinaria precisa para a roza e limpeza das parcelas que non están ocupadas e encargarse da xestión da biomasa vexetal que se xera nestas tarefas.

En palabras de SEA, a contratación supón un novo paso da entidade en materia de xestión proactiva, co obxectivo de manter en bo estado os seus parques empresariais, tanto para facilitar a actividade das empresas xa instaladas como para propiciar a mellora da imaxe das parcelas industriais. Solo Empresarial do Atlántico pechou contratos análogos, recentemente, nos parques de Vilanova, A Laracha, Malpica, Vimianzo e Mondoñedo, por valor de 20.000 euros.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.