Ribeira organiza un curso gratuíto de animación turística

31 Outubro 2020

O Concello de Ribeira vai organizar un curso gratuíto de animación turística coa fin de mellorar a formación e profesionalidade deste importante sector para a nosa contorna. Coa fin de explicar desta iniciativa compareceron na Escola de Formación Illas Atlánticas o concelleiro de Turismo Ramón Doval, a técnica deste departamento Sandra Fernández; a directora da citada escola Ana Pérez; e o profesor do curso, Fran Arca,
graduado en turismo na Universidade de Las Palmas de Gran Canaria e técnico superior en animación turística, ademais de monitor de e tempo libre.
O curso ten unha capacidade para quince persoas e terá lugar todos os sábados entre o 14 de novembro e o 19 de decembro. Contará con 50 horas de formación teórica (que se impartirán na Escola Illas Atlánticas, situadas no Touro, e se recorrerá tamén a instalacións municipais para algunhas actividades) e prácticas en establecementos hoteleiros e cámpings da contorna.
Inscricións
As inscricións estarán abertas dende o 2 ao 12 de novembro, podendo formalizarse no teléfono 630 065 790 ou en eventosturismo@ribeira.gal. As prazas cubriranse por orde de anotación, pero con prioridade para os empradroados no concello ribeirense. Aqueles que superen o curso recibirán un certificado expedido pola Escola Illas Atlánticas.
Ramón Doval incidiu na importancia de apostar pola formación
turística posto que “por moitas inversións que se fagan sabemos que
o talento están nas persoas”. Por outra parte, Ana Pérez incidiu en
todos os protocolos covid que se porán en práctica, tales como
controis de temperatura ao entrar na aula ou desinfección do diverso
material que se vai empregar.

Fran Arca, profesor do curso con experiencia profesoinal en
diferentes cadeas hoteleiras de Illas Canarias tales como Lopesan e
Gloria Palace, manifestou que “o turismo vai cambiar dende xa” e que
as persoas van demandar unha “mellor calidade e mellor atención ao
público”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.