Rianxo en Común inicia unha campaña de recollida de sinaturas para reclamar o servizo presencial na Atención Primaria

19 Outubro 2020

A plataforma cidadá Rianxo en Común que coordina Julián Bustelo vén de iniciar unha campaña para solicitar que se adopten “os medios necesarios” para que “canto antes se reactive o servizo presencial” na Atención Primaria. A campaña colleu impulso o pasado venres 16, diante do Centro de Saúde de Rianxo, onde se puxeron modelos de reclamación a disposición da veciñanza. “En menos de dúas horas xa asinaran uns centos de persoas”, explica Bustelo, explicando que o principal obxectivo da iniciativa é “reclamar unha Atención Primaria reforzada e sen recortes que permita atender as necesidades da cidadanía e na que o persoal sanitario conte cos recursos axeitados para que as persoas doentes poidan recibir a atención que precisan cada momento”.

A respecto dos problemas que está a atopar o servizo médico a nivel local, Rianxo en Común lembra que “á situación de sobrecarga de traballo que padecían os profesionais da Atención Primaria antes da pandemia do coronavirus, engadiuse a realización de tarefas de diagnóstico, seguimento, illamento, funcións de rastrexo, etc; unha sobrecarga que está saturando o servizo e que está poñendo en cuestión a accesibilidade ao sistema sanitario público”, explica a plataforma criticando o feito que a atención telefónica corra o risco de converterse nunha ferramenta para obstaculizar ese acceso, máis ben o contrario: “A atención telefónica debe actuar como un filtro que que ordene a atención presencial, non que a substituía por falta de recursos para darlle cobertura ás demandas da cidadanía”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Momentos Altos”. Mario Clavell

“Momentos Altos”. Mario Clavell

Camino dos minutos pisando hojas caídas de los olmos de Santa Clara. A través de losauriculares oigo el andante del concierto 2 para piano de Rachmaninov, plas, plas, plas…Saludo al vecino José Antonio en la parada del bus número 6, y veo nubes blancas entre...

“Feijóo une su suerte a la de Mazón y Abascal”. Manuel Velo

“Feijóo une su suerte a la de Mazón y Abascal”. Manuel Velo

Mazón se desentendió de la Dana el día 29 al coger un día de asueto para mocear con una periodista, habiendo dicho que no pudo estar en contacto con emergencias por un apagón de falta de cobertura, una mentira más, cuando la periodista declaró que tuvo constantes...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.