R fai medrar a cifra de fogares e empresas de Rianxo que contan con acceso á súa fibra

15 Outubro 2020

A operadora R vén de incrementar a cantidade fogares e negocios de Rianxo con posibilidade de conectarse á súa fibra óptica FTTH (polas súas siglas en inglés, fibra até o fogar). Os núcleos de O Cruceiro e de A Carballeira xa dispoñen de accesos ultrarrápidos a Internet de ata 500 Mbps e poden desfrutar doutros servizos avanzados de telecomunicacións grazas ás redes de nova xeración de R. O despregue destes equipamentos levouse a cabo “aproveitando ao máximo as infraestruturas destes lugares”.

Deste xeito, arredor de 132 novos fogares e negocios das ditas localizacións quedaron preparados para recibir os servizos avanzados de teléfono, Internet de ata 500 Mbps simétricos e televisión dixital multicanle de R. Segundo informou a operadora a peche de ano estaremos a falar dun total de 900 novas residencias particulares conectadas ás súas redes de última xeración.

O operador galego lembra que leva anos investindo no fornecemento de rede en Rianxo, onde a día de hoxe xa dispoñen da cobertura das redes de nova xeración de R un total de 1.820 fogares e empresas deste municipio da provincia da Coruña.

Estas e outras actuacións na provincia da Coruña forman parte dun dos tres proxectos do Plan PEBA-Avanza do Ministerio de Economía e Empresa dos que R resultou adxudicataria en 2018 para despregar, antes de 2021, a tecnoloxía FTTH en 512 núcleos de Galicia que non dispoñan de alta velocidade ata o momento (“zonas brancas”).

No desenvolvemento dos tres plans investiranse un total de 10M€, dos cales preto de 8M€ serán subvencionados polos fondos FEDER da Unión Europea.

En concreto, o despregamento en Rianxo encádrase no proxecto destinado á extensión de redes de nova xeración en 154 núcleos de municipios do noroeste de Galicia (A Coruña, norte de Pontevedra e oeste de Lugo). Para estas actuacións, cun investimento total de 2,6M€ destinarase unha axuda dos fondos FEDER de 2,09M€. Un segundo proxecto fala igualmente do fornecemento de banda larga de nova xeración con tecnoloxía FTTH, desta volta en 162 núcleos do centro-oeste de Galicia (norte de Pontevedra, sur da Coruña e oeste de Lugo). O investimento total neste caso é de 3,58M€, 2,86 deles subvencionados polos fondos FEDER da Unión Europea. O terceiro dos proxectos adxudicados desenvolverase en 196 núcleos doutros municipios do suroeste de Galicia (Pontevedra). A cobertura nestas zonas suporá un investimento total de 3,75M€, cunha subvención dos fondos FEDER de máis de 3M€.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hoy 13 febrero doble felicitación” – Manuel Domínguez

“Hoy 13 febrero doble felicitación” – Manuel Domínguez

O autor do artigo (á dereita) e Xosé María Fernández Pazos Por qué se celebra el 13 de febrero La elección de esta fecha conmemora el aniversario de la creación de la Radio de las Naciones Unidas en 1946, una emisora diseñada para difundir información sobre paz,...

“El Vaticano, el Papa y la inmigración” – Manuel Domínguez

“El Vaticano, el Papa y la inmigración” – Manuel Domínguez

El papa Francisco afirma que rechazar a los migrantes es un "pecado grave" El papa Francisco afirmó que ante el drama de la migración no sirven "leyes más restrictivas" o "la militarización de las fronteras" y que rechazar a los migrantes "es un pecado grave". La...