Porto do Son acolle esta tarde un curso de primeiros auxilios para a cidadanía

13 Outubro 2020

O Concello de Porto de Son organiza este martes 13 pola tarde, en horario de 16.30 a 20.30 horas, un curso de balde de primeiros auxilios. A actividade formativa, que se celebra en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns, será na Casa da Cultura. Terá unha duración de catro horas.

Trátase dunha actividade gratuíta destinada a formar ás veciñas e veciños nas metodoloxías básicas que poden aplicar en situacións nas que teñan que intervir por motivos de urxencia e por non contarse coa presenza de persoal médico na contorna. A sesión correrá a cargo de persoal do 061.

Para máis información, cómpre poñerse en contacto co Servizo de Orientación Laboral do Concello de Porto do Son (jose.pazo@portodoson.gal).

Outros artigos

O 20 de xuño celébrase a II Andaina Nocturna de Nebra

Volve a Andaina Nocturna de Nebra, logo de éxito de participación do ano pasado, e faino cunha segunda edición programada para o sábado 20 de xuño a partir das 22.00 horas (recepción) na Casa Veciñal de Nebra (campo da festa) e cun prezo de oito euros de inscrición....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...