Os socialistas de Ribeira piden arranxar o camiño veciñal do Agro de Cuña, entre Vixán e O Vilar

07 Outubro 2020

O PSdG-PSOE de Ribeira vén de facerse eco das demandas veciñais da parroquia de Carreira, concretamente dos usuarios do camiño veciñal do Agro de Cuña, entre os núcleos de O Vilar e Vixán, que, segundo advirten, presenta un firme moi deteriorado. Segundo lembran os socialistas, este camiño é un itinerario de importancia relevante da parroquia de Carreira, unindo os dous núcleos devanditos, amais de ser zona de paso habitual para os veciños que traballan nas leiras ou fan os seus paseos cotiáns.

dav

O dito camiño público (viario 9012) presenta un pavimento asfáltico con evidentes sinais de desgaste, con roturas irregulares no seu firme para a colocación das redes de saneamento e auga potábel, que, segundo reflicten os socialistas, foron mal rematadas en formigón pobre de distintas calidades.

“O estado e condición do camiño está supeditado polo desgaste natural da capa de rodadura que afecta á seguridade viaria, á accesibilidade, e ao uso normal da infraestrutura do núcleo residencial de Vixán”, engaden.

Por todos estes motivos, a agrupación pedirá que por parte dos servizos técnicos do Concello se proceda a realizar un proxecto de pavimentado do tramo da calzada, zona de rodadura e reseñado, coa finalidade de acondicionar o camiño veciñal do Agro de Cuña.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...