Os socialistas de Noia solicitan a eliminación dun vertido de augas fecais en Orro

08 Outubro 2020

O Grupo Municipal Socialista de Noia vén de solicitar ao Goberno local a eliminación dun vertido de augas fecais no lugar de Orro que, segundo explica o PSdG-PSOE, atópase moi preto das vivendas.

“Ante o evidente risco para a saúde e a proliferación de mosquitos ou ratas no lugar do vertido de augas fecais próximo ás casas, vimos de solicitar que se elimine completamente e que se arranxen as canalizacións polas que deben discorrer as augas pluviais”, engaden os socialistas, informando de que a petición baséase nun aviso da veciñanza da lugar, que fan saber que en época de seca o cheiro chega a ser difícil de aturar, e que nos días de chuvia abundante “é frecuente que a canle pola que discorre a auga desborde anegando as leiras próximas”.

O voceiro do grupo municipal socialista, Roberto Iglesias, considera que “este tipo de actuacións deben ser unha prioridade dende o Concello e teñen que acometerse o antes posíbel”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.