Os socialistas de Noia piden mellorar a seguridade viaria nos pasos de peóns

19 Outubro 2020

O Grupo Municipal Socialista de Noia anunciou que no vindeiro pleno ordinario do mes de outubro solicitará ao equipo de Goberno que se realice un informe do estado dos pasos de peóns “coa finalidade de mellorar a seguridade viaria na vila”. Segundo lembra PSdG-PSOE, na moción pedirase un informe por parte da Policía Municipal para identificar os pasos de peóns situados no núcleo da vila coas seguintes características: os que teñan visibilidade reducida, os que estean situados en lugares onde os vehículos circulen con velocidade demasiado elevada, nos que sería conveniente que os vehículos circulasen a 30 quilómetros por hora con preferencia peonil, os que non estean pitados correctamente e os que teñan iluminación deficiente.

Os socialistas consideran que “os accidentes no núcleo urbano de Noia por sorte non son habituais, pero iso non debe ser un freo para tratar de mellorar a seguridade viaria e facer todo o posíbel para que o casco histórico e a súa contorna sexa un lugar seguro para dar un paseo pola vila, sen que haxa risco de accidentes”.

O voceiro da agrupación Roberto Iglesias indica que “actualmente hai varios pasos de peóns no que a visibilidade é reducida, porque hai estacionados vehículos moi próximos e a persoa non é visíbel ata que comeza a cruzar, como na rúa Pontevedra, e outros que precisan dun pintado para mellorar a súa visibilidade, e algúns nos que, sobre todo agora en outono e inverno, con menos luz natural e condicións climáticas adversas, habería que iluminar artificialmente dunha maneira máis axeitada”.

A moción tamén contempla que unha vez se faga o informe da Policía Local, se leven a cabo as accións pertinentes para solucionar as deficiencias atopadas, tanto pola Administración local, como solicitar á Deputación ou á Xunta de Galicia as que sexan da súa competencia.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.