Os noieses Pepe Barrio e Pilar Sarmiento campións galegos de Motonaútica Inclusiva

16 Outubro 2020

A Federación Galega de Motonáutica acaba de outorgar o título de Campións Galegos de Motonáutica Inclusiva aos noieses Pepe Barrio e Pilar Sarmiento, tras a rectificación efectuada pola entidade galega na que, seguindo de maneira estrita a aplicación do regulamento de competición, baixo o artigo 44.2 que establece que, “en caso de empate entre dous ou máis pilotos ao final do Campionato, tomarase en consideración o número de probas gañadas por cada piloto, se prevalece o empate, os segundos postos, etc. Se aínda así permanece o empate, se desempatará a favor de quen obtivese o mellor resultado na última proba”.

Desta maneira Barrio e Sarmiento cultivaron este éxito como resultado das cinco probas celebradas durante a presente tempada de 2020: Tui, Portosín, A Guarda, Outes e Tomiño.
Os membros do equipo ADECO- DEA – Agrupación Deportiva Costa Oeste / Deporte Adaptado, álzanse finalmente co cetro dourado, nun ano no que a clasificación xeral ha estado moi apertada debido ao alto nivel rexistrado por todos os participantes, especialmente na última cita disputada na localidade tomiñesa de Goián, cun slalom complicado no seu desenvolvemento e execución e no que Barrio e Sarmiento demostraron a súa destreza e perfecta compenetración.
“Este ano foi moi axustada a competición en todas as probas. Non cabe a menor dúbida de que o máis importante é participar e gañar amigos, pero cando colleitas un éxito, ben sexa o dunha proba ou o do propio campionato, é todo un extra”, comenta Barrio.

A semana que vén reúnese, na sede viguesa das Federacións Galegas, a Asemblea da de Motonáutica onde, entre outras cousas, albiscarase
o calendario de competición do próximo 2021, con escenarios moi similares aos desenvolvidos este ano na Motonáutica Inclusiva, debido ás excelentes condicións das láminas de auga sobre as que se desenvolven as probas.

Outros artigos

Este 18 de xullo comeza a 26 edición da Feira Medieval de Noia

A área de Cultura do Concello de Noia que dirixe Pepe Pérez compartiu nas redes o cartaz da vixésimo sexta edición da Feira Medieval de Noia, que terá lugar nas rúas históricas da vila os días 18, 19 e 20 de xullo. Ao longo desta semana, o dito departamento irá...

+

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.