Os mortos por Covid-19 en Galicia soben a 822 tralo falecemento de tres mulleres e un home

18 Outubro 2020

A Consellería de Sanidade informa que este domingo rexistraronse catro falecidos que presentaban patoloxías previas. O home falecido, de 75 anos de idade, atopábase ingresado no CHUS de Santiago, mentres que unha das mulleres que perdeu a vida nas últimas horas, de 70 anos, atopábase no CHUO de Ourense.

As dúas vítimas restantes, ambas as de 86 anos de idade, faleceron na residencia Vos Gozos, situada no municipio ourensán de Pereiro de Aguiar, e da que tamén era usuaria a muller que morreu ingresada no hospital ourensán.

Con estas catro últimas mortes de pacientes con covid, a cifra total desde o comezo da ‘nova normalidade’ ascende a 203 en Galicia. A primeira morte deste período foi a dunha muller o 7 de agosto. Antes diso, a Comunidade galega había encadeado case dous meses –desde o 10 de xuño– sen decesos relacionados co coronavirus.

Fonte Consellería de Sanidade

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.932, deles 839 son da área da Coruña, 450 da de Lugo, 1.577 da de Ourense, 457 da de Pontevedra, 708 da área de Vigo, 719 da de Santiago, e 182 da de Ferrol.Do total de pacientes positivos, 43 están en UCI, 246 en unidades de hospitalización e 4.643 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 23.326 persoas curadas, rexistrándose 818 falecementos. O número de PCR realizadas é de 586.482.

Outros artigos

O Entroido de Amicos celebra as distintas comunidades do mundo

O Entroido xa está a percorrer Galicia, e Amicos xa leva semanas preparándose para celebrar unha das festas máis divertidas do ano. Uns preparativos que a mañá deste xoves, 12 de febreiro materializáronse no Gran Festival do Entroido da entidade inclusiva do Barbanza,...

+

Amicos e CESUGA xuntan forzas en materia sociolaboral

A mañá deste mércores, 11 de febreiro, o Centro de Estudios Superiores Universitarios de Galicia (CESUGA) asinou un convenio con Amicos, asociación inclusiva do Barbanza en materia sociolaboral. Segundo coincidiron, este acordo estratéxico permitirá achegar...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

Non se apunta ninguén”. Luís Celeiro

Non se apunta ninguén”. Luís Celeiro

Todos ou ninguén. Non se sabe quen perdeu as eleccións e tampouco se sabe como será o asuntodespois dos pactos, dos acordos, de cumprir e de renunciar. Todo está no aire, aclarando queaqueles, aos que lles gusta non asentar os pés na terra, están de noraboa,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.