O PSOE de Noia pide o arranxo de urxencia dos bancos deteriorados da Alameda

22 Outubro 2020

O Grupo Municipal Socialista de Noia solicitou ao equipo de Goberno local, na Comisión de Protección do Casco Histórico celebrada este xoves 22 de outubro, que proceda á reparación dos bancos ornamentais emprazados na Alameda da localidade, incluídos, lembra a agrupación, no Plan de Protección e Reforma do Casco Histórico.

O rogo, achegado polo voceiro do PSdG-PSOE, Roberto Iglesias, ten precedentes noutras peticións análogas emitidas polo grupo socialista, que, segundo recordou, xa lle trasladou en varias ocasións ao Goberno local a súa preocupación polo “mal estado no que se atopa o dito mobiliario urbano”.

Os socialistas sosteñen que “actualmente o deterioro é evidente, faltándolles a varios dos bancos os elementos de soporte, algúns dos cales teñen 140 anos de antigüidade, datando de 1880”. Roberto Iglesias incidiu en que “se debe proceder ao seu arranxo antes de que se produza un dano sen remedio, senón o hai neste momento”

Os socialistas agardan que “se realicen as reparacións o antes posíbel”, en caso contrario solicitarán que se inclúa unha partida para os vindeiros orzamentos.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“O sinal dos paxaros”. Luís Celeiro

“O sinal dos paxaros”. Luís Celeiro

Foi, dende a cidade onde vive e traballa, ao lugar onde permanece co teito enteiro a casa ondenacera, a mediados do século pasado. Alí, nunha das vigas de castiñeiro daquel enorme e baleirocurral, estaban as andoriñas facendo o niño. Ían e volvían enseguida con terra...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.