O Concello de Boiro renova o equipamento da ETAP para mellorar a calidade da auga

20 Outubro 2020

O Concello de Boiro anunciou este 20 de outubro que vai realizar un “importante traballo de renovación” nos equipamentos da Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP). O obxectivo é “garantir a mellor calidade de auga e realizar unha xestión eficaz do subministro”. Logo desta actuación, o Concello explica que a infraestrutura quedará “totalmente renovada” cun sistema para garantir a máxima calidade e seguridade alimentaria.

As obras de posta punto, que están xa en execución, céntranse en tres aspectos. O primeiro deles é a renovación do sistema de impulsión co fornecemento de 6 equipos que van permitir “unha presión axeitada do subministro de auga”. Con esta actuación vaise traballar tamén para anovar a totalidade do sistema de canalización, eliminando a actual de aceiro por un de PP-R que “cumpre coas garantías de auga para consumo de máxima calidade e seguridade alimentaria durante máis de 50 anos”, explicou o Concello, engadindo que “para completar as actuacións de impulsión e canalización” vaise habilitar un sistema de xestión que permitirá detectar “coa máxima rapidez e eficacia calquera incidencia ou anomalía entre a auga que se acumula e a que se consume, para detectar fugas ou problemas na rede e darlle resposta máis rápido.

Aínda que está previsto que as obras se realicen nas horas de menor consumo, o Concello advirte da posibilidade de que se produzan pequenas incidencias na rede durante o proceso. “Con estes traballos de renovación que se realizan nestes días na ETAP, Boiro contará cun sistema de auga potábel mediante o que se cumpren as máis estritas directrices europeas de calidade e seguridade alimentaria da auga para o consumo”, conclúen fontes do Concello.

Outros artigos

O Ciclo Mestre Mateo leva Sirāt a Boiro, este domingo no Centro Social

Proseguen en Boiro as proxeccións do Ciclo de Cine Mestre Mateo. Este domingo 25 chegará unha nova cita co mellor cinema galego da man do director Oliver Laxe e o seu último filme Sirāt. Será ás 19.00 horas no Centro Social de Boiro. Sirāt é un filme dramático e de...

+

En Boiro, aprobados os 954.642 euros do POS+ adicional da Deputación

A Corporación do Concello de Boiro celebrou este xoves 22 de outubro o seu novo pleno ordinario, unha sesión que se puido verse novamente a través da canle municipal de Youtube e que saldou, entre outros, coa aprobación definitiva do POS+ adicional da Deputación da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.