O Centro Cultural Lustres Rivas acolle a presentación do primeiro libro de poemas de Emilio Vázquez Fernández

20 Outubro 2020

O escritor santiagués Emilio Vázquez Fernández vai presentar este venres 23 en Ribeira o seu libro 50 años de mentiras. A cita será no Centro Cultural Lustres Rivas, a partir das 20.00 horas, e contarase coa presenza de María Sampedro Fernández, primeira tenente de alcalde e concelleira de Cultura e de Alicia Padín Otero, técnica do Servizo de Normalización Lingüística do Concello, ademais do propio autor.

Publicado polo selo madrileño Letrame Grupo Editorial, o libro 50 años de mentiras reúne ao longo de 96 páxinas poesías, pequenos relatos e reflexións en torno ao profundo da natureza humana.

Emilio Vázquez Fernández naceu en Santiago de Compostela en 1969 e reside en Boiro. De mozo cursou estudos de Náutica e dende 2005 desempeña labores de funcionario como axente do Servizo de Vixilancia Aduaneira. 50 años de mentiras é o seu primeiro libro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Portas xiratorias, interese público”. José Luís Calo

“Portas xiratorias, interese público”. José Luís Calo

España ten moito que mellorar na loita contra a corrupción. O Grupo de Estadoscontra a Corrupción do Consello de Europa (GRECO) publicou dous informes deseguimento que avalían o cumprimento por parte de España das súasrecomendacións para previr a corrupción. O “GRECO”...