O BNG presenta unha iniciativa a prol da seguridade viaria en Ponte Nafonso.

20 Outubro 2020

O Bloque Nacionalista Galego de Noia presentou unha iniciativa para ser tratada en debate acerca de Ponte Nafonso e os problemas de inseguridade que causa o tráfico no lugar. O BNG, que someterá a cuestión a debate na vindeira sesión plenaria, sostén que o devandito núcleo é unha contorna “que carrexa importantes eivas de seguridade viaria que non foron superadas nas últimas décadas”.

O grupo, que lembra que en 2017 achegou unha petición para reducir eficazmente a velocidade en Ponte Nafonso, considera que nada do solicitado daquela se levou finalmente a cabo, e mesmo se chegou a empeorar a situación da seguridade ampliando o firme polo que transcorre o tráfico rodado.

Segundo indican os nacionalistas, as solucións propostas son a instalación de beirarrúas amplas en ambas marxes da estrada ao longo da zona habitada e o establecemento de pasos de peóns na contorna do parque infantil e da parada de autobuses.

Denuncian tamén que o lugar da sinal de redución da velocidade “atópase nun punto posterior ao parque infantil e unha vez xa ten comezado o núcleo urbanizado”, polo que piden “o seu desprazamento para que afecte a toda a zona habitada”.

Os nacionalistas lembran que as actuacións deben ser “facilmente complementarias coas que se teñan que levar cabo de xeito posterior para a posta en marcha do futuro Plan Especial de Protección, Ordenación e Infraestrutura e Dotación, incluído no PXOM que se encontra en vías de ser aprobado”.

Ademais, apuntan que a mellora da Ponte como elemento patrimonial de especial importancia “non debe desviar a atención de outros elementos” que, no punto de vista do BNG, “requiren de atención”, como son posta en seguridade e restauración do Cruceiro da Ponte Nafonso e a eliminación da simboloxía falanxista na fonte do lugar.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.