O BNG interpela ao Goberno central en relación ao proxecto da fachada marítima de Noia

14 Outubro 2020

O BNG vén de rexistrar unha iniciativa no Congreso dos Deputados en forma de pregunta na que interpela ao Goberno do Estado en relación á actuación por parte de Costas denominada Adecuación da fachada marítima de Noia’. O deputado Néstor Rego salientou na súa interpelación o feito de que o proxecto técnico “non incluíse a existencia no subsolo de toda unha serie de servizos básicos”, o que provocou a suspensión temporal e o atraso na execución da obra, así como

que a consecuencia disto “o Concello tivo que facerse cargo dunha importante parte do sobrecuste”.

Ademais, para os nacionalistas, o proxecto que se está levando a cabo “elimina gran parte da propia fachada histórica que se pretende adecuar”, xa que diversos elementos patrimoniais, recollidos e protexidos polo Plan Especial de Protección e Reforma Interior do Casco Histórico de Noia e que

“deberían ser postos en valor”, son eliminados. O deputado sinala tamén non se entende o proxecto relativo á ponte de Noia, “un elemento que constitúe una peza importante na silueta e imaxe urbana xeral do casco histórico”, e que, en virtude dos traballos previstos, perderá boa parte da súa faciana visíbel.

Por estes motivos, Rego pregúntalle ao goberno se Costas pensa revisar as consecuencias do proxecto, se tivo en conta no proxecto o Plan Especial de Protección e Reforma Interior do Casco Histórico de Noia, e se se fará cargo dos custos das novas actuacións derivadas da reforma do proxecto así coma do reembolso das actuacións xa costeadas por parte do Concello noiés.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.