O artista Francisco Pérez Alonso leva a Rianxo a súa mostra de pintura sobre o día a día das mariscadoras

27 Outubro 2020

O Auditorio de Rianxo vai acoller no mes de novembro unha mostra de pinturas do artista Francisco Pérez Alonso directamente encamiñada a reivindicar o traballo das mariscadoras. A exposición poderá visitarse entre este 30 de outubro, día programado para a inauguración, e o 28 de novembro. A mostra comeza a súa andaina en Rianxo este venres a partir das 20.00 horas.

Como dixemos, a exposición é un tributo ás traballadoras do mar, concretamente as da contorna de Vilanova. Tivo a súa orixe nas propias mariscadoras do concello arousán, que foron elas mesmas as que lle propuxeron ao artista plasmar o seu traballo nos bancos de marisco nunha serie pequena de cadros. O artista colleu a testemuña e decidiu ampliar o número de pinturas até a vintena, abordando o proxecto con fotografías das mariscadoras a xeito de materia prima e, sobre todo, baixando á praia para inmortalizar o seu día a día nos bancos produtivos. A mostra é unha exposición itinerante que está a percorrer diversos concellos da nosa contorna dende a súa estrea en Vilanova, en agosto do ano pasado.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.