Noia exaltou a calidade do seu berberecho cun showcooking a oito mans

16 Outubro 2020

Este xoves 15 de outubro, baixo as máis estritas medidas de seguridade anti-COVID, celebráronse as V Xornadas de Exaltación do Berberecho de Noia, unha nova edición dos encontros destinados a reivindicar a calidade (e as posibilidades gastronómicas) do bivalvo local. No evento participaron o alcalde de Noia, Santiago Freire Abeijón, a concelleira Laura Salgado García e o concelleiro José Pérez Martínez.

Asemade, contouse coa coa presenza de catro expertas gastronómicas no ámbito dos nosos produtos do mar: as chefs Lucía Freitas (Restaurante A Tafona de Santiago), María Varela (Restaurante A Parada das Bestas de Palas de Rei), Yolanda León (Restaurante Cocinandos de León) e Iria Espinosa (Restaurante Árbore da Veira da Coruña), que deleitaron aos asistentes con saborosas e innovadoras receitas. A cita, que veu programa reducido que contou cun único showcooking colectivo, desenvolveuse pola tarde na sala de exposicións do Coliseo de Noia.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.