Noia achega en outubro un menú de cinema, maxia, contacontos e cultura urbana

02 Outubro 2020

O Concello de Noia vén de presentar a súa axenda cultural para estes meses de outono, un completo programa de actividades seguras e con aforamento limitado pero cunha vertente marcadamente diversa e creativa que pon de manifesto o interese do Goberno local de cubrir o meirande rango de idades, gustos e tendencias. A axenda de outubro comeza este sábado ás 11.30 horas cunha actividade de robótica para a rapazada, o obradoiro Átomos na Biblioteca Municipal, para nenas e nenos de entre 8 e 12 anos.

As actividades proseguirán o sábado 10 co espectáculo de ilusionismo Vitamina CC: Carvalho Calero, a cargo de Martín Camiña. Será na Casa da Cultura ás 12.00 horas (para maiores de 5 anos). O xoves 14 é a quenda do Elefante Elegante, que representará o contacontos O Lobo Bobo, a partir das 18.30 horas na Casa da Cultura (para nenos de entre 3 e 8 anos).

O domingo 18 será un día de cinema coa proxección de Juliet Desnuda, ás 18.30 horas na Casa da Cultura (para maiores de 18 anos).

O sábado 24 a cultura urbana toma a palabra cunha homenaxe rapeira á poesía galega a cargo de García MC, ás 12.00 horas na Casa da Cultura (para maiores de 13 anos).

O outubro cultural en Noia rematará coa XXI Mostra de Curtas de Noia, a desenvolver entre o xoves 22 e o sábado 31. 🎭🎥📚
Tódalas actividades teñen aforo limitado, polo tanto haberá que formalizar a inscrición antes de asistir a cada unha delas.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.