Na rúa o número 14 de “O Barbanza”

13 Outubro 2020

O número de outubro da edición impresa de O Barbanza aborda a situación  do comercio local da nosa comarca e a  necesidade da súa transformación. A publicación pasa revista  ás  novas máis destacadas dos  concellos da comarca e a potenciación da  súa economía. As  reportaxes complétanse con contidos sobre os malos tratos e a  fronte común contra a violencia de  xénero.

As Letras  Galegas, aprazadas en maio pola pandemia, e a entrevista a Santiago Llovo  sobre a obra que recolle o pasado de salgadura no Son, son outros dos contidos que recolle o número 14 da nosa revista mensual que cunha tirada de 7.000 exemplares é repartido de balde nos concellos do Barbanza.  Pódese  amais descargar de balde  na  nosa web  “obarbanza.gal”, na que a diario mantemos o xornal de información comarcal que supera xa os 30.000 usuarios /únicos, un éxito que ten continuidade tamén nas nosas redes sociais. 

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...