Lousame pon en marcha un programa de sensibilización en igualdade e prevención da violencia de xénero

21 Outubro 2020

A Concellería de Igualdade de Lousame, en colaboración co CPI Plurilingüe Cernadas de Castro, vén de poñer en marcha “Lousame Coeduca”, un programa para a sensibilización en igualdade e prevención da violencia de xénero dirixido ao todo o alumnado do centro lousamiá e que se desenvolverá durante os meses de outubro e novembro.

“Lousame Coeduca”

“Lousame Coeduca” nace co obxectivo de colaborar a erradicar os estereotipos de xénero, promover a corresponsabilidade e a ética do coidado, coñecer as propias emocións e traballar a autoestima, educar en igualdade e previr a violencia de xénero entre o alumnado, así como
favorecer estratexias de resolución de conflitos e de cooperación entre o alumnado e mellorar a capacidade comunicativa e interpretativa do alumnado. Para conseguilo, organizaranse actividades que promovan a creatividade, o aprendizaxe cooperativo, a capacidade comunicativa, a actitude crítica e a educación para a paz libre de estereotipos, mediante o
emprego das metodoloxías educativas máis innovadoras como o teatro, as TIC´S e o aprendizaxe cooperativo.

“Lousame Coeduca”

Actividades
A concelleira de Igualdade, Silvia Agrafojo, explica que “durante as acacións de verán, os nenos e nenas que asistiron ao Lousame Concilia tamén tiveron ocasión de participar nestes obradoiros. Agora, durante o curso escolar, co alumnado de Infantil e Primaria levaranse a cabo actividades coeducativas para traballar os estereotipos de xénero, a corresponsabilidade, a visualización das mulleres da súa contorna e a coeducación emocional para aprender a xestionar as emocións e a resolver os seus primeiros conflitos mediante o bo trato entre iguais”.
“Co alumnado de 6º de Primaria e cos de tódolos cursos da ESO realizarase unha proposta lúdica coeducativa onde se traballará a través do cine, do teatro, do baile e da radio a erradicación dos estereotipos e da violencia de xénero e se promove unha resolución de conflitos pacífica”, apunta Silvia Agrafojo, quen destaca que “o programa está tendo unha boa acollida tanto por parte do alumnado como do profesorado do centro”. Todas as actividades do programa se desenvolven seguindo as medidas de prevención da Covid19 establecidas nos protocolos do centro educativo.

“Lousame Coeduca”

Outros artigos

A Volta de Gloria preséntase en FITUR

A Volta de Gloria, o primeiro itinerario cultural e paisaxístico circular baseado en dúas Rutas Xacobeas (o Camiño de Fisterra Muxía e o Camiño da Ría de Muros Noia), fixo a súa presentación este venres 24 de xaneiro oficial en FITUR, a feira turística estatal de...

+

Incendio na planta de reciclaxe do Concello de Lousame

Os bombeiros dos parques Provinciais de Boiro e Ribeira traballan neste momento na extinción dun incendio que se declarou na planta de reciclaxe Servia, do Concello de Lousame. Ata o momento os danos son unicamente materiais. O incendio localízase na zona onde se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

““Dictador perpetuo”. José Luis Calo Gonzalez

““Dictador perpetuo”. José Luis Calo Gonzalez

José Luis Calo González. Coordinador UCIN GaliciaQue é un real decreto “ómnibus” e cando recorren a el as administracións.Chámaselle así aos decretos lexislativos que agrupan diversas medidas oureformas de diferentes ámbitos, permitindo a súa aprobación conxunta,...