JEALSA súmase á iniciativa SOS para botar unha man ás familias máis prexudicadas pola COVID

01 Outubro 2020

A empresa boirense JEALSA, a través do seu programa We Sea (o programa de responsabilidade social corporativa da conserveira), vén de sumarse á iniciativa Súmate Operación Solidaria (S.O.S.), unha contribución para botar unha man ás persoas que máis están a sufrir as graves consecuencias económicas e sociais da COVID-19 e que, polo tanto, atopan máis dificultades para acceder a alimentos de primeira necesidade.

Até a data, ademais da empresa conserveira galega, sumáronse a leste proxecto empresas como ACESUR-COOSUR, Adam Foods, Apple Leisure Group, Applus, Cerealto Siro, Corporación Financeira Alba, El Pozo, GBfoods, Incarlopsa, Legumbres Luengo, Mutua Madrileña e Tendam, entre outras. A idea é formar unha fronte común e solidaria para achegar doazóns en especie, servizos de transporte e loxística e contribucións en diñeiro. Aceites, conservas de peixe, arroz, azucre, galletas, pasta, alimentos infantís, legumes, produtos cárnicos ou conservas vexetais son algúns dos artigos que as entidades sociais identificaron como máis necesarios.

Froito da firma dun Convenio de Colaboración subscrito a través da Fundación KPMG, o proxecto conta co apoio da Comunidade de Madrid, a través da Consellería de Políticas Sociais, Familias, Igualdade e Natalidade.

JEALSA informo que dende a súa posta en marcha, o pasado mes de maio, entregáronse 218 toneladas de produtos básicos a través de Banco de Alimentos de Madrid, Cáritas Diocesana de Madrid e Cruz Vermella Comunidade de Madrid. Estas entregas contribuíron a alimentar a 2.100 familias durante un mes.

A participación neste proxecto forma parte da política de apoio social que a empresa boirense vén levando a cabo e que viu incrementada a súa achega durante esta pandemia a través de doazóns recorrentes a diferentes ONG, fundamentalmente en Galicia como Banco de Alimentos Rias Altas, Cruz Vermella Coruña, Cáritas e concellos do Barbanza.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Chorar como un tolo”. Luís Celeiro

“Chorar como un tolo”. Luís Celeiro

Choraba como un tolo e nunca pasaba nada. Outros rían como tolos e moitos esperaban, aga ocasión para chorar desesperadamente, como se cada un deles fose unha alma en pena saltandopolas alturas, polos cumes de Pena Trevinca, Punta Negra ou Pena Surbia. Naquelas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.