Ibuprofeno Teatro leva O mel non caduca ao Auditorio de Rianxo

19 Outubro 2020

O venres 23 de outubro a compañía Ibuprofeno Teatro achégase a Rianxo a coa produción O mel non caduca. Será ás 21.00 horas na Sala Arcos Moldes do Auditorio Municipal. A peza teatral ten en escena a Avelino González e a Marián Bañobre, co texto e dirección de Santiago Cortegoso. A obra, recomendada para público adulto, ten unha duración aproximada de 80 minutos.

Organízase ao abeiro da programación de Rede Cultural da Deputación da Coruña. A entrada de balde con reserva previa de localidades en auditorio@concelloderianxo.gal (preferentemente) ou no teléfono 664 183 217, do 13 ao 21 de outubro, de 9.00 a 13.30 h, en días laborais.

O mel non caduca é unha comedia teatral para público adulto no que se fai unha lectura crítica e humorística da nosa relación cos obxectos que, polas presións da industria e os seus interese, acaban morrendo antes de tempo (iso que se vén chamando obsolescencia programa e que deixa en moi mal lugar aos electrodomésticos actuais con respecto aos que tivemos a sorte de usar en décadas pasadas). O mel non caduca, que tamén é unha ollada sobre os hábitos que nos levan dereitiños á destrución do planeta, está dirixida por Santiago Cortegoso e conta no seu elenco con Maríán Bañobre e Avelino González.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.