Este xoves 22 comeza a XXI edición da Mostra de Curtas de Noia

21 Outubro 2020

O Concello e o Liceo de Noia, coa colaboración da Deputación da Coruña e a Academia Galega do Audiovisual, organizan un ano máis, malia as adversidades da crise sanitaria, unha nova edición da Mostra de Curtas, que comeza este xoves 22 de outubro e remata o vindeiro 1 de novembro. A edición XXI do certame, que pasará á historia polas medidas de distanciamento e límites ao aforo que pon en xogo a organización, xa ten dispoñíbel nas redes o programa final de proxeccións, para as seareiras e seareiros da nosa comarca que queiran consultalo.

As proxeccións da Sección Oficial comezan o xoves 22 ás 20.30 horas no Liceo, cunha sesión múltiple que proseguirá o venres (día 23 ás 20.30), o sábado (día 24 ás 19.00), o domingo (día 25 ás 19.00), o luns (día 26 ás 20.30 horas) e o martes (día 27 ás 20.30 horas) e que inclúe máis de corenta pezas audiovisuais a concurso, ao que cómpre engadir unha sección Quarantine de contribucións relacionadas coa crise sanitaria, co confinamento e coa corentena.

O mércores 28 os documentais son os protagonistas na Sociedade Liceo, ás 20.30 horas, con Onde nos leve o vento, O mostro invisíbel e A nosa vida como nenos refuxiados en Europa.

O xoves 29 ás 20.30 horas, proxectarase un filme que colle de preto aos residentes do concello, xa que está ambientado na histórica sala de festas muradá Paraíso, hoxe en día reconvertida en supermercado. Falamos da longametraxe Eroski Paraíso, de Jorge Coira e Xesús Ron, protagonizada por Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira e Cris Iglesias.

O venres tamén se representará, no marco da mostra, a obra Somos Criminais, que vén da man do dúo cómico formado por Carlos Blanco e Touriñán. O comezo está previsto para as 20.30 horas.

O sábado 21, será a Gala de Entrega de Premios, ás 19.00 no Liceo, e o domingo ás 19.00, no mesmo escenario, proxectarase o filme familiar A casa do reloxo de parede.

Outros artigos

Alarma de vertido no malecón de Gasset, en Noia

O Concello de Noia recibiu aviso na tarde deste venres 16 de xaneiro dun novo aviso de vertido na ría, concretamente un vertido de líquido cor verde aparecido na ría, a carón do malecón de Gasset. Ata alí desprazáronse o alcalde, o tenente de alcalde e o concelleiro...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ketty Garat, periodista de año” – José Castro López

“Ketty Garat, periodista de año” – José Castro López

La elección de la ferrolana Ketty Garat como mejor periodista del año 2025 por parte de la Asociación de la Prensa de Madrid no es solo un reconocimiento a su actividad profesional impecable, es también una reivindicación del periodismo de investigación, esencial para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.