Este mércores prosegue a Escola de Familias en Rianxo cun obradoiro de lingua de signos

19 Outubro 2020

Este mércores 21 de outubro comeza en Rianxo, no Auditorio, unha nova actividade formativa e divulgativa da Escola de Familias: un obradoiro de lingua de signos en familia. A sesión, que se desenvolve en horario de 16.30 a 19.30 horas, serán impartidas por Crianza Galicia, ao abeiro do programa do Proxecto Apego en Rianxo. Trátase da terceira semana de actividades do programa Escola de Familias.

Na cita deste mércores 21 falarase da importancia da lingua de signos como sistema de comunicación temperá, de como favorece o desenvolvemento da linguaxe e como nos pode axudar á hora de introducir unha terceira ou cuarta lingua. A sesión será unha boa oportunidade para aprendermos os primeiros signos, así como un par de contos e cancións signadas. O obradoiro está dirixido a familias con crianzas, profesorado, monitores/as de tempo libre e demais público interesado. Por mor da crise sanitaria, as prazas serán limitadas. Deberemos formalizar a nosa inscrición en normalizacion@concelloderianxo.gal ​​​​​​​(indicando nomes completos e número de teléfono).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hacia la España federal”. Xosé Perozo

“Hacia la España federal”. Xosé Perozo

Si se cumplen las predicciones demoscópicas, el próximo domingo EH Bildu ganará las elecciones en el País Vasco, superando por primera vez al PNV en escaños y en votos. El fenómeno de crecimiento abertzale está rasgando las vestiduras de muchos politólogos y...