En Ribeira restauran o barco da rotonda de Xarás

21 Outubro 2020

Dende fai uns días un grupo de usuarios asistentes ao taller de carpintería da Unidade Asistencial de Drogodependencias (UAD) de Ribeira están a levar a cabo un novo traballo en beneficio da comunidade como é a
restauración do barco emprazado na rotonda de Xarás.

Barco da rotonda de Xarás. Ribeira

Así, oito integrantes do taller (que a partir de mañá traballará repartido
en dous grupos de cinco persoas, contando o seu profesor Manuel Casais, para dar cumprimento ás novas restricións covid que entran en vigor esta medianoite) están levar a cabo unha actuación integral que inclúe tanto a substitución das madeiras deterioradas como o saneado e pintado de toda a estrutura.
Os traballos prolongaranse entre dúas ou tres semanas sempre que as circunstancias meteorolóxicas o permitan.
Cómpre lembrar que este verán os usuarios da UAD realizaron outro importante labor comunitario na illa de Sálvora a través da construción e colocación de 30 carteis informativos en madeira ademais de substituír a escaleira da praia do Almacén.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.