Unha persoa resultou ferida esta tarde en Noia ao saírse da vía e rematar envorcado o coche no que viaxaba. A vítima, que quedou atrapada no interior do vehículo por mor do impacto, tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Boiro. Xa liberada, a persoa accidentada foi atendida polos servizos sanitarios.
O sinistro ocorreu no lugar de Sobreviñas, preto das 13:10 horas. Foi, nese momento, cando unha persoa particular alertaba do accidente ao 112 Galicia. Acto seguido, o persoal do CIAE 112 Galicia pasou o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Boiro, á policía Local, á Garda Civil de Tráfico, ao GES de Brión e ao Servizo Municipal de Protección Civil da localidade.