Comeza o obradoiro de emprego de Rianxo centrado en páxinas web

08 Outubro 2020

O Concello de Rianxo informou do comezo das sesións formativas do Obradoiro de Emprego e Garantía Xuvenil Carnero Valenzuela II, que se desenvolven no Auditorio coa presenza de 16 menores de 30 anos. A iniciativa, financiada pola Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Xunta, centra os seus recursos en capacitar á mocidade local na especialidade de Confección e publicación de páxinas web. O contrato dos participantes terá unha duración de 12 meses e, ao longo deste tempo, combinarán o traballo de formación coa práctica laboral.

O obradoiro é unha iniciativa destinada a ampliar a formación da xente nova e dotar ás mozas e mozos de instrumentos, recursos e coñecemento que lles permitan abrir a meirande cantidade de portas no mercado laboral. Desta volta trátase de converter a 16 alumnas/os e traballadoras/es en especialistas na creación e mantemento de sitios online, un ámbito profesional cada vez máis demandado por empresas e entidades, tanto para ampliar os seus equipos como en materia de servizos requiridos.
O programa de emprego Carnero Valenzuela II é un programa mixto de emprego e formación dirixido a mellorar a inserción das persoas desempregadas mozas incluídas no Ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, co-financiado pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo, e promovido polo Concello de Rianxo.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Cambio, incertidumbre, inseguridad…”, José Castro López

“Cambio, incertidumbre, inseguridad…”, José Castro López

El control de Donald Trump de Venezuela y el probable atropello de Groenlandia, lamasacre de Putin en Ucrania, la amenaza permanente de Xi Jinping -los tres quierenrepartirse el mundo-, o el hastío de los iraníes con su régimen, por citar solo unosejemplos, son...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.