Comeza o curso da Escola RC Deportivo en Boiro

05 Outubro 2020
Escola RC Deportivo Boiro

Boiro vai ser, durante a tempada 2020-2021 sede oficial da Escola RC
Deportivo, unha actividade para complementar os adestramentos e formación futbolística de nenos e nenas. O concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, asistiu esta tarde á primeira xornada do curso, que se vai levar a cabo todos os luns no campo de fútbol de Vista Alegre.
O obxectivo desta actividade e complementar os adestramentos de xeito
individual, personalizado e atendendo as necesidades de cada un. Con ela, as persoas participantes van desenvolver contidos complementarios ao seu
traballo para profundar no coñecemento e adestramento en fútbol baixo a
supervisión de adestradores titulados e con experiencia. A formación ten en
conta a educación en valores, o desenvolvemento motriz do alumnado e o
achegamento e formación en fútbol.
A actividade comezou esta tarde cun total de 32 participantes repartidos
en dous grupos reducidos, un de 17.00 a 18.00 horas e outro de 18.00 a 19.00
horas. Está dirixida a nenos e nenas de entre 6 e 14 anos e vaise levar a cabo todos os luns no campo de fútbol de Vista Alegre durante todo o curso
académico.

Outros artigos

O Ciclo Mestre Mateo leva Sirāt a Boiro, este domingo no Centro Social

Proseguen en Boiro as proxeccións do Ciclo de Cine Mestre Mateo. Este domingo 25 chegará unha nova cita co mellor cinema galego da man do director Oliver Laxe e o seu último filme Sirāt. Será ás 19.00 horas no Centro Social de Boiro. Sirāt é un filme dramático e de...

+

En Boiro, aprobados os 954.642 euros do POS+ adicional da Deputación

A Corporación do Concello de Boiro celebrou este xoves 22 de outubro o seu novo pleno ordinario, unha sesión que se puido verse novamente a través da canle municipal de Youtube e que saldou, entre outros, coa aprobación definitiva do POS+ adicional da Deputación da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.