Boiro remata as obras de mellora do firme en diversos tramos do entorno rural

23 Outubro 2020

O Concello de Boiro ven de finalizar as obras de renovación do
pavimento nos núcleos de Coviña – Souto Novo, Aruxo, Cotarón e a contorna do Cemiterio Municipal, financiadas polo Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña. O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de
Urbanismo e Obras, Luís Ruiz, visitaron esta mañá as obras finalizas na
contorna do cemiterio, onde se realizou o firme que une a parte traseira do
recinto co campo de fútbol de Vista Alegre, xa que era de terra.


As obras constaron dun orzamento total de 98.553 euros e o seu obxectivo foi mellorar o firme existente en diferentes tramos do rural, xa que
presentaba numerosas deficiencias con gastos excesivos para a súa
conservación, polo que se precisaba unha rehabilitación integral para mellorar as súas características funcionais de seguridade, comodidade e protección do conxunto do firme.
Para a rehabilitación do firme analizáronse distintos factores, como son a
cantidade de tráfico e vehículos pesados que circulan polos diversos tramos de estrada. Todos os pavimentos levan un 15% de árido reciclado procedente de demolicións, que favorece ao factor ecolóxico ao reducir o consumo de áridos de canteira.

Outros artigos

O Ciclo Mestre Mateo leva Sirāt a Boiro, este domingo no Centro Social

Proseguen en Boiro as proxeccións do Ciclo de Cine Mestre Mateo. Este domingo 25 chegará unha nova cita co mellor cinema galego da man do director Oliver Laxe e o seu último filme Sirāt. Será ás 19.00 horas no Centro Social de Boiro. Sirāt é un filme dramático e de...

+

En Boiro, aprobados os 954.642 euros do POS+ adicional da Deputación

A Corporación do Concello de Boiro celebrou este xoves 22 de outubro o seu novo pleno ordinario, unha sesión que se puido verse novamente a través da canle municipal de Youtube e que saldou, entre outros, coa aprobación definitiva do POS+ adicional da Deputación da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.