Boiro Novo chama á esquerda a alcanzar un acordo estable

16 Outubro 2020

Ante o escenario político aberto en Boiro despois de que o PSOE airease os movementos doutros grupos para dar forma a unha moción de censura, Boiro Novo fixo un chamamento público ás demais forzas de esquerda da corporación para alcanzar un acordo estable entre todos. A portavoz do grupo municipal, Doures Torrado, reprochou aos socialistas que durante o mandato preferisen pactar os asuntos de Boiro cunha parte do PP boirense en lugar de manter acordos máis estables e fiables cos grupos que favoreceron a súa investidura. Así mesmo, lamentou o que calificou de espectáculo público protagonizado por algúns grupos políticos que antepoñen ou seu afán de protagonismo e busca de poder ás necesidades do pobo.

Boiro Novo chama á esquerda a alcanzar un acordo estable

En Boiro Novo están convencidos de que o “mal maior sería a frutificación dun goberno tripartito de dereitas” e cren que sería «irresponsable» por parte das formacións de esquerdas ” poñerse de perfil ante esta ameaza”.

A formación fai un chamamento a todas as forzas progresista de Boiro para constituír unha mesa de diálogo: «*É mellor unha mesa de diálogo de catro que un tripartito de dereitas ilexítimo que acceda ao poder contra a vontade popular do pobo».

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...