Avanzan as obras na Piscina Municipal de Noia

19 Outubro 2020

A Concellería de Deportes de Noia que dirixe Laura Salgado García informou os días pasados do avance dos traballos de mantemento, de reparación de gretas, e de mellora no illamento e pintura na Piscina Municipal de Noia. Está previsto que os traballos rematen ao longo desta semana que vén de comezar, segundo engadiu o dito departamento.

As obras de mantemento e mellora foron en parte destinadas a adaptar as instalacións á nova realidade da crise sanitaria e incluíron tamén a posta a punto das máquinas do ximnasio e diversos traballos de reparación nos vestiario e máis nos elementos de carpintería das instalacións. Outra liña de actividade puxo o foco na dixitalización de todos os datos acubillados no arquivo da Piscina Municipal.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.